Política de confidencialidade
Reflíctese nas seguintes normas, que poden ser actualizadas periodicamente, polo que os usuarios deberan ler as mesmas cada vez que accedan ao mesmo.

Tipo de información solicitada

Cando se rexistre para recibir os nosos servizos, vostede proporcionará voluntariamente a información persoal que se lle solicite en cada caso.


Confidencialidade da información
CGAC, Fundación Luis Seoane e MARCO non revelarán os datos persoais que poidan servir para identificalo en forma individual, incluída a información que vencelle o seu nome de usuario no sitio www.espazodocumental.org co seu verdadeiro nome, agás que teña expresa autorización, ou cando lle fose requirido por orde xudicial ou legal.

Os empresarios, patrocinadores e outros socios aos que se acceda a través do sitio www.espazodocumental.org, poden ter prácticas independentes de privacidade e recompilación de datos. CGAC, Fundación Luis Seoane e MARCO non se fan responsables das súas políticas ou do emprego que fagan dos datos. Se desexa máis información sobre esas políticas, recomendamos visitar a súa páxina principal e seleccionar o enlace que leva á páxina con información sobre este aspecto.

Protección contra terceiros
CGAC, Fundación Luis Seoane e MARCO adoptaron medidas de seguridade de protección de datos e instalaron todos os instrumentos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, uso indebido, alteración, acceso non autorizado ou roubo dos datos persoais que lle fosen facilitados. Isto non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. O usuario acepta que CGAC, Fundación Luis Seoane e MARCO non serán responsables polos danos, de calquera natureza, que poidan derivarse para o mesmo ou para terceiros, derivados directa ou indirectamente do seu uso.

Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal
De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, vostede ten en todo momento a posibilidade de acceder aos datos que proporcionara, modificalos, eliminalos ou opoñerse a eles, para o cal pode dirixirse por correo electrónico a infoespazodocumental.org. Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Aceptación dos termos
Se o usuario utiliza os servizos proporcionados a través do sitio de Espazo documental www.espazodocumental.org, significa que leu, entendeu e acepta en forma expresa os termos antes expostos. Entenderase así mesmo que cada vez que o usuario acceda ao sitio, acepta de forma expresa as normas de privacidade vixentes. Se non está de acordo con elas, o usuario non deberá proporcionar ningunha información persoal, nin utilizar o servizo porque non está autorizado para facelo.