O Espazo Documental rede pretende recoller a máxima información que documente a traxectoria profesional do artista/creador e a súa produción. Consta de diferentes áreas de análise que responde a material de caracter bibliográfico, audiovisual e dixital que documentan os traballos publicados, os inéditos e os proxectos actuais. Así mesmo, recolle unha recompilación de notas de prensa, follas de sala, textos profesionais e os dos propios artistas, reproducíndose comentarios específicos do seu traballo. Esta información será continuamente actualizada e revisada, contando ademais cunha área persoal no que o propio artista poida informar acerca das actualizacións e modificacións pertinentes da súa información.